Telmo Martin, una gestion para el cambio
JM Guillán no Pleno From: TelmoMartinTV Views: 11 0 ratings Time: 01:41 More in News [...]
Telmo Martin
Telmo Martin Telmo Martín González


Discurso da miña presentación

10 de Julio de 2010

Fai 36 anos tiven que emigrar a Alemania. Non foi fácil, un país novo e un idioma moi complicado.

Os galegos somos moi traballadores. Pero hai que recoñecer que os alemáns son moi competitivos.

Cando coñezo un novo país intento aprender del. Por iso, cando puidemos volver a Galicia, a experiencia alemana axudounos a crear unha empresa familiar: Hierros Santa Cruz.

Empresa que en 30 anos participou nas obras públicas máis importantes. Nestes momentos na construción da ponte máis grande de Europa, en Cádiz.

A miña traxectoria como empresario ensinoume a ser eficaz, a cumprir os prazos e presupostos.

Ós meus rivais moléstalles e por iso intentan neutralizala. Pero xa estou afeito.

 

Fai 12 anos o meu Partido ofreceume a posibilidade de poñer a miña experiencia como xestor ó servizo da sociedade. Pero foron os cidadáns de Sanxenxo os que o fixeron realidade ó elixirme o seu Alcalde.

Coñecín cómo funciona unha administración a fondo. E apliquei novos modelos de xestión que resultaron eficaces.

 

Agora teño 52 anos e creo que estou no mellor momento da miña vida. Se os pontevedreses o queren poñerei toda a miña experiencia como xestor Ó SEU SERVIZO.

Estes 3 anos na oposición foron moi útiles, deime conta de que os tempos están cambiando. Os pontevedreses reclaman novas ideas.

Xa non valen as vellas solucións. A paciencia dos cidadáns coa vella política acabouse. Xa non tolerades o engano e a propaganda sen feitos.

A comunicación entre político e cidadán debe ser de dobre dirección. Moitos de vós seguides o meu blog. Non sabedes o importante que é para min a vosa opinión e alento.

Quero máis oportunidades e emprego para os pontevedreses. E por iso poñerei toda a miña experiencia e a miña enerxía para atraer empresas que xeren emprego en Pontevedra.

A miña filla Nuria ten 19 anos e gustaríame que, cando acabe os seus estudos, poida encontrar traballo en Pontevedra. O mesmo que desexo para a miña filla tamén o quero para todos os xóvenes de Pontevedra.

Gustaríame que algún día OS MEUS NETOS se poidan sentir moi orgullosos de min.

Fai 4 anos o proxecto A Nova Pontevedra espertou unha gran ilusión. Pero quero máis. Necesito da vosa axuda. Propóñovos que formemos un grande equipo.

 

Querido Alberto, quero agradecerche o teu compromiso con Pontevedra, apostando por un novo hospital e poñendo toda a carne no asador para conseguir que Ence se traslade mantendo os empregos e a riqueza que xera.

Tema no que necesitaremos do teu apoio, Mariano, cando esteas na Moncloa.

Tamén para a estación intermodal e soterrar as vías que agora parten Pontevedra en dúas. Sei que son tempos difíciles pero prométoche, Mariano, que o teu goberno non terá que poñer demasiado diñeiro porque a estación se financiará principalmente coas plusvalías.

 

Comprométome a formar un goberno UNIDO, EFICAZ E AUSTERO.

Un goberno SEN PREXUÃZOS, que contemple todas as opcións e elixa a mellor para todos.

Un goberno VALENTE, que afronte os problemas con intelixencia e decisión. E canto antes porque os problemas crecen.

Un goberno CON INFLUENCIA nas consellerías e ministerios para conseguir as infraestruturas que Pontevedra merece.

Prometo que nunca me CONFORMAREI.

Prometo esforzarme sempre para conseguir o máximo, aínda que a veces non o consiga.

Prometo non aceptar o “non porque non” ou “iso é imposible”.

O PROGRESO PERTÉNCELLES ÓS VALENTES.

MOITAS GRACIAS.

etiquetas (Personal)