Telmo Martin, una gestion para el cambio
Jacobo Moreira falanos das escolas infantís From: TelmoMartinTV Views: 6 [...]
Telmo Martin
Telmo Martin Telmo Martín González


Archivo de noviembre

Sempre estades aí

21 de Noviembre de 2011

21.983. Nunca unha formación política acadara tal número de votos na nosa cidade. O PP confiaba na gran vitoria de Mariano Rajoy, pero aquí existía unha obriga especial, que o municipio do novo presidente lle brindara tamén ese triunfo coa mesma ou superior contundencia que o resto de España. Así foi: España é popular, Galicia é popular e Pontevedra, hoxe tamén, é popular. En realidade, xa o era, pero agora en termos de maioría absoluta.

A vida, ás veces, compénsache de momentos máis difíciles. E neste caso, faino con nomes e apelidos, os dos miles de militantes e simpatizantes do Partido Popular de Pontevedra. Na campaña había unha débeda pendente, o agradecemento que merecía este grupo de incondicionais, eses que sempre están aí, nas vitorias amargas, como a obtida no mes de maio, e nas vitorias con maiúsculas, como a de onte. Esas “gracias”, que en maio só puideron transmitirse a través dos medios de comunicación, esta vez se deron cara a cara, como tiña que ser.

Se fronte aos golpes que cada un recibe hai que responder con traballo, traballo e máis traballo, hoxe é un deses días que compensan con creces ese esforzo. O agradecemento era por estar sempre aí, por non abandonar en ningún momento ao partido, como volveu a ocorrer onte con máis forza que nunca. A débeda, hoxe renovada, haberá polo tanto que seguir pagándoa, neste caso con toda a enerxía posible no Congreso dos Deputados.

Unha vez máis, gracias.

etiquetas (General)

Hai esperanza

18 de Noviembre de 2011

Rodéannos o pesimismo, as malas noticias sobre o paro, a débeda, o déficit, a prima de risco e a recesión. Que todo isto sexa real non significa que a situación non sexa reversible. Sobre todo se un novo goberno recupera a confianza interna e externa con medidas valentes. Os emprendedores, autónomos e empresarios están afeitos a superar situacións moi difíciles. Para que poidan volver a crear emprego só fai falta darlles facilidades.

Os empresarios pasaron momentos moi críticos. Ao inicio da Transición, a primeiros dos oitenta e mediados dos noventa. Escóitase con frecuencia que esta crise é a máis grave de todas e sen poñelo en dúbida tamén houbo comentarios similares en anteriores períodos. A situación é moi grave e os sacrificios serán xigantescos. Non estamos dispostos a quedar de brazos cruzados ante este pesimismo. É curioso que sexan os optimistas antropolóxicos que gobernaron estes anos os que agora invitan á xente a resignarse e queren convencer á cidadanía de que todo é culpa de Grecia ou Italia.

Hai que ter confianza no país. Hai que ter confianza no noso partido. Nos autónomos e empresarios que todos os días resolven problemas. Nos funcionarios que se envorcan nas súas tarefas diarias. Confianza na solidariedade e austeridade das familias españolas cando veñen mal dadas. En Rajoy, no seu sentido común para distinguir o verdadeiramente importante. Os españois vanse esforzar ao máximo, asumiranse os sacrificios necesarios para volver a crear emprego e benestar. Sen dúbida virán meses moi duros, pero co esforzo de todos, superarase a situación. Máis que nunca se precisa un goberno co que todos se identifiquen, non só os votantes do PP. Hai esperanza.

etiquetas (General)

Telmo Martín no debate da TVG

14 de Noviembre de 2011

Vídeo resumo dos mellores momentos do debate emitido pola TVG o pasado día 8, entre Guillermo Meijón (PSdeG-PSOE), Olaia Fernández (BNG) e Telmo Martín.
Foi un intenso encontro dialéctico no que quedou patente a fortaleza do discurso do Partido Popular.

etiquetas (General)

Carta ao alcalde de Pontevedra

4 de Noviembre de 2011

Debaixo podedes abrir a carta que Telmo Martín rexistrou hoxe no Concello de Pontevedra dirixida ao alcalde, unha misiva na que lle pide un trato de respecto e tolerancia para evitar novas confrontacións.

CARTA AO ALCALDE

etiquetas (General)