Telmo Martin, una gestion para el cambio
Jacobo Moreira falanos das escolas infantís From: TelmoMartinTV Views: 6 [...]
Telmo Martin
Telmo Martin Telmo Martín González


A Pontevedra esquecida

29 de Octubre de 2011

Os concelleiros José Manuel Guillán e Pablo Fernández presentaron esta semana un informe para denunciar o estado de abandono no que se atopa A Moureira, un traballo enmarcado no principal cometido da oposición: fiscalizar ao goberno local, tanto cando cumpre coas súas funcións como cando non o fai. O Partido Popular ten contacto diario coa cidadanía porque escoitar as súas inquedanzas e procurar solucións -na medida das posibilidades da oposición- é unha obriga á que, por certo, non vai renunciar xamais.

Neste marco, nos últimos meses o PP foi chamado por veciños de distintos lugares de Pontevedra, persoas interesadas en dar a coñecer as ‘miserias’ de barrios aos que non chegou á afamada reforma urbana do goberno municipal ou que foron esquecidos tras algunha intervención. En  San Antoniño (rúas Casimiro Gómez, Amado Carballo, Xerardo Ãlvarez Limeses, Gonzalo Gallas e Víctor Cervera Mercadillo) hai sinais rotos, beirarrúas desfeitas, contedores rotos e suciedade.

 

foto1
Contedores rotos sobre un paso de peóns

Moitos dos habitantes da Moureira, pola súa banda, transitan cada día por diante do Consistorio ou do Campillo, dous espazos reformados recentemente, e lamentan que o Concello non preste a mesma atención ás zonas que rodean as súas vivendas. Non fai falta alonxarse moito da basílica de Santa María para dar con lugares que nunca espertaron interese nos actuais gobernantes municipais. Na rúa do Ouro, en Domingo Andrade, Xan Guillerme, Xofre de Tenorio e Fonte da Moureira hai ratas, fincas que incumpren de xeito flagrante o bando de ornato, problemas de mobilidade para os peóns e persoas con discapacidade, tubaxes en superficie e mala distribución dos espazos para aparcar. Os concelleiros do Partido Popular atopáronse tamén neste barrio cunha antiga fonte á que, segundo din os veciños, xa teñen caído varios coches por falta de sinalización e de coidado por parte da administración local. As imaxes falan por si mesmas.

 

foto2
Imaxe do descoido do barrio da Moureira
etiquetas (General)

 

Escriba un comentario