Hai esperanza
Rodéannos o pesimismo, as malas noticias sobre o paro, a débeda, o déficit, a prima de risco e a recesión. Que todo isto sexa real non significa que a situación non sexa reversible. Sobre todo se un novo goberno recupera a confianza interna e externa con medidas valentes. Os emprendedores, autónomos e empresarios están afeitos a superar situacións moi difÃciles. Para que poidan volver a crear emprego só fai falta darlles facilidades.
Os empresarios pasaron momentos moi crÃticos. Ao inicio da Transición, a primeiros dos oitenta e mediados dos noventa. Escóitase con frecuencia que esta crise é a máis grave de todas e sen poñelo en dúbida tamén houbo comentarios similares en anteriores perÃodos. A situación é moi grave e os sacrificios serán xigantescos. Non estamos dispostos a quedar de brazos cruzados ante este pesimismo. É curioso que sexan os optimistas antropolóxicos que gobernaron estes anos os que agora invitan á xente a resignarse e queren convencer á cidadanÃa de que todo é culpa de Grecia ou Italia.
Hai que ter confianza no paÃs. Hai que ter confianza no noso partido. Nos autónomos e empresarios que todos os dÃas resolven problemas. Nos funcionarios que se envorcan nas súas tarefas diarias. Confianza na solidariedade e austeridade das familias españolas cando veñen mal dadas. En Rajoy, no seu sentido común para distinguir o verdadeiramente importante. Os españois vanse esforzar ao máximo, asumiranse os sacrificios necesarios para volver a crear emprego e benestar. Sen dúbida virán meses moi duros, pero co esforzo de todos, superarase a situación. Máis que nunca se precisa un goberno co que todos se identifiquen, non só os votantes do PP. Hai esperanza.









