Telmo Martin, una gestion para el cambio
O barrio de Santa Clara From: TelmoMartinTV Views: 1 0 ratings Time: 01:28 More in News [...]
Telmo Martin
Telmo Martin Telmo Martín González


Archivo de 'Personal'

Ricardo Aguilar

21 de Abril de 2011

Hoy os animo a ver y a escuchar a Ricardo Aguilar, compañero de candidatura (ocupa el puesto número 3 de nuestra lista). Ricardo es concejal. Tiene ideas para que Pontevedra se convierta en la ciudad que debe ser. En este vídeo nos cuenta una de sus ilusiones: que en el próximo mandato impulsemos el transporte público.

 

etiquetas (Personal, Pontevedra)

Beatriz García Riestra

17 de Abril de 2011

Beatriz García Riestra ocupa el número 8 de la candidatura del Partido Popular. Se sumó a esta candidatura porque considera que Pontevedra necesita un cambio, un cambio posible con A Nova Pontevedra 2.0.

etiquetas (Personal, Pontevedra)

Cristina Omil

16 de Abril de 2011

Retomo hoy los vídeos de mis compañeros de candidatura. En esta ocasión le toca el turno a Cristina Omil, que ocupa el puesto número 22 de la lista. Cristina nos cuenta en este vídeo que le ilusiona la posibilidad de dar un impulso al tejido económico.

etiquetas (Personal, Pontevedra)

Rosa Picallo

10 de Abril de 2011

Rosa Picallo é unha namorada de Marcón. Neste vídeo fálavos das razóns polas que forma parte do equipo do Partido Popular, e tamén dos centros proxectados en A nova Pontevedra 2.0 para as parroquias, unha idea ilusionante que, está certa, se levará a cabo.

etiquetas (Personal, Pontevedra)

José Manuel Guillán

9 de Abril de 2011

De novo vou deixar un oco no meu blog a un compañeiro de lista. Quero que coñezades a José Manuel Guillán, que ocupa o número 9 da nosa candidatura. José Manuel é un home serio e comprometido, unha aposta segura para levar as contas do Concello. Déixovos con el.

etiquetas (Personal, Pontevedra)

Susana Alfonso

2 de Abril de 2011

Susana Alfonso é unha muller nova que forma parte da candidatura coa que nos presentamos ás eleccións. Como moitas persoas da súa idade, quere que os pontevedreses teñan máis oportunidades. “Sé que es posible que haya otra gestión”, di Susana, que pensa que Pontevedra pode recuperar o estatus que lle pertence co proxecto do Partido Popular. Déixovos con ela neste pequeno vídeo.

etiquetas (Personal, Pontevedra)

A Nova Pontevedra 2.0

23 de Marzo de 2011

Veño de presentar A nova Pontevedra 2.0, nun acto no que me sentín arroupado por centos de persoas. Estou moi agradecido pola vosa compaña, pola compaña de todos; agora toca seguir traballando, dar a coñecer ese ilusionante conxunto de ideas á cidadanía. Empezo xa:

Debaixo destas liñas podedes ver un vídeo de 12 segundos cun dos nosos principais proxectos para os vindeiros 8 anos. Esta animación permitiravos ter unha idea moi próxima ao espazo soterrado de ocio que propoñemos na Praza de Galicia, unha zona que na actualidade está infrautilizada e que, cunha boa xestión, se pode converter no epicentro do esparcemento de Pontevedra e da bisbarra. Será no primeiro soto, mentres que o segundo dedicarase a aparcadoiro (contará con 575 prazas de estacionamento).

A dimensión do espazo será de 5 veces a Ferrería, e terá unha altura de 5 metros que garantirá a sensación de amplitude, mentres que as claraboias levarán a luz natural a todos os rincóns do inmoble. Temos unha serie de ideas que, a día de hoxe, non existen no noso municipio. Qué proxectamos para o soto? Unha pista de xeo sintética, zona de lecer para nenos, cafetería, minigolf, boleira, pista de kárting infantil, skate, rocódromo, aulas de música, salón de actos e obradoiro de arte (o vídeo amosa estas dúas dependencias).

Temos tamén ideas para o rural. A cidadanía das nosas parroquias reclama servizos básicos dos que, por suposto, nos ocuparemos. Pero queremos ofrecerlles máis: é hora de acercarlles a administración municipal, é momento de facer a súa vida un pouquiño máis sinxela. Cal é a proposta? Crear catro centros municipais que, emprazados estratexicamente, presten servizo a todas as parroquias. Queremos dotalos dunha oficina municipal, enfermería de proximidade, gardería, asistencia social e zona .com. Haberá tamén un policía local.

Nos vindeiros días continuarei ofrecendo detalles do noso proxecto. Agardo de verdade que vos ilusione tanto coma min.

etiquetas (Personal, Pontevedra)

Estades convidados

22 de Marzo de 2011

Como xa sabedes, hoxe é un día importante para o Partido Popular. Esta tarde presento o noso proxecto, unha proposta á que teño dedicado moitas horas durante os últimos meses e que, creo, que contaxia ilusión.

Comentaba onte en Facebook que os xornalistas me preguntaron si renunciaba aos proxectos de A Nova Pontevedra, o nome que aglutinou as propostas coas que nos presentamos ás eleccións en 2007. Pois non, claro que non; xa veredes, por exemplo, que mantemos a ilusión de recuperar a fachada marítimo-fluvial do Lérez ou de conseguir unha estación intermodal para Pontevedra.

Os proxectos destes catro anos, que os seguidores deste blog xa coñecedes, estarán. Pero, por suposto, o noso especial empeño será o emprego, a base sobre a que xira toda a iniciativa. Incluímos propostas de educación, comercio e turismo e liñas estratéxicas para que as empresas se instalen no noso municipio.

Moitos pontevedreses asistirán ao acto de hoxe, ás 8 no auditorio de Novacaixagalicia. Aproveito este espazo para convidarvos: para min é importante que veñades e que tomedes coñecemento do noso proxecto, xa que sempre mostrades interese polas nosas iniciativas a través deste blog. Invítovos a soñar con nós.

etiquetas (Personal, Pontevedra)

Jesús Blanco

11 de Marzo de 2011

Jesús Blanco é o número 27 da nosa candidatura. Hoxe cédolle a palabra para que vos explique os motivos que o levaron a sumarse ao proxecto do Partido Popular de Pontevedra. Quere que os seus fillos teñan no noso municipio as oportunidades que no seu día el non tivo.

 

etiquetas (Personal, Pontevedra)

César Abal

7 de Marzo de 2011

Durante os últimos días ‘pasaron’ por este blog compañeiros da candidatura coa que nos presentamos ás eleccións municipais. Imos empezar esta semana coa autopresentación de César Abal, que ocupa o posto número 13 da lista do Partido Popular. César é un namorado de Pontevedra; gústanlle a historia, o presente e, como el mesmo conta, está ilusionado por conseguir unha Pontevedra “sin complejos”.

etiquetas (Personal, Pontevedra)