Telmo Martin, una gestion para el cambio
O barrio de Santa Clara From: TelmoMartinTV Views: 1 0 ratings Time: 01:28 More in News [...]
Telmo Martin
Telmo Martin Telmo Martín González


Archivo de 'Pontevedra'

Manuel Fraga

16 de Enero de 2012

Unha hora moi difícil. A morte de Manuel Fraga deixa un grande oco no Partido Popular. A súa valía e os méritos políticos manteranse sempre sen dúbida como unha referencia do desenvolvemento democrático en España, non só como construtor da nosa Carta Magna, senón como figura clave dunha Transición que nos permitiu acadar as cotas de liberdades e progreso das que hoxe gozamos. Pero se a súa forte personalidade ficou contundentemente en toda España, fíxoo en especial na súa terra galega, que nunca esquecerá os seus catro frutíferos mandatos como presidente.

O Partido Popular de Pontevedra transmitiu a través dun telegrama o seu pesar á familia do gran político, pero tamén quere dirixilo a través deste blog e da súa páxina web a todos os militantes e simpatizantes que temos compartido a nosa paixón por Galicia baixo as siglas do PP e baixo a súa firme e entregada dirección.

No momento de sobrepoñerse a unha nova tan difícil quizás sexa a propia figura de don Manuel a que nos ensine como facelo. El contribuíu enormemente a sinalar o camiño correcto para o desenvolvemento de Galicia e nós temos a obriga de continuar pola mesma senda.

etiquetas (Gestión)

A Pontevedra esquecida

29 de Diciembre de 2011

Os concelleiros José Manuel Guillán e Pablo Fernández presentaron esta semana un informe para denunciar o estado de abandono no que se atopa A Moureira, un traballo enmarcado no principal cometido da oposición: fiscalizar ao goberno local, tanto cando cumpre coas súas funcións como cando non o fai. O Partido Popular ten contacto diario coa cidadanía porque escoitar as súas inquedanzas e procurar solucións -na medida das posibilidades da oposición- é unha obriga á que, por certo, non vai renunciar xamais.

Neste marco, nos últimos meses o PP foi chamado por veciños de distintos lugares de Pontevedra, persoas interesadas en dar a coñecer as ‘miserias’ de barrios aos que non chegou á afamada reforma urbana do goberno municipal ou que foron esquecidos tras algunha intervención. En  San Antoniño (rúas Casimiro Gómez, Amado Carballo, Xerardo Ãlvarez Limeses, Gonzalo Gallas e Víctor Cervera Mercadillo) hai sinais rotos, beirarrúas desfeitas, contedores rotos e suciedade.

 

foto1
Contedores rotos sobre un paso de peóns

Moitos dos habitantes da Moureira, pola súa banda, transitan cada día por diante do Consistorio ou do Campillo, dous espazos reformados recentemente, e lamentan que o Concello non preste a mesma atención ás zonas que rodean as súas vivendas. Non fai falta alonxarse moito da basílica de Santa María para dar con lugares que nunca espertaron interese nos actuais gobernantes municipais. Na rúa do Ouro, en Domingo Andrade, Xan Guillerme, Xofre de Tenorio e Fonte da Moureira hai ratas, fincas que incumpren de xeito flagrante o bando de ornato, problemas de mobilidade para os peóns e persoas con discapacidade, tubaxes en superficie e mala distribución dos espazos para aparcar. Os concelleiros do Partido Popular atopáronse tamén neste barrio cunha antiga fonte á que, segundo din os veciños, xa teñen caído varios coches por falta de sinalización e de coidado por parte da administración local. As imaxes falan por si mesmas.

 

foto2
Imaxe do descoido do barrio da Moureira
etiquetas (Barrios, Pontevedra)

Unha licenza por comisión

23 de Diciembre de 2011

As comisións de urbanismo son un bo indicativo do dinamismo dunha localidade e achegan pistas sobre as variacións económicas dos meses que están por chegar. A cantidade de asuntos da orde do día das que se celebran en Pontevedra comezou minguar hai xa moito, no marco dunha crise económica global, pero dun tempo a esta parte son reunións practicamente baleiras de contido. O Partido Popular presenza como os concelleiros do BNG e do PSOE asisten como convidados de pedra a comisións como a de onte, na que só entrou a debate unha licenza. Triste balance.

Mentres tanto, o grupo popular está xa afeito a recoller as queixas -cheas de razón- de emprendedores que teñen que esperar meses e anos para abrir os seus negocios. As críticas á lentitude da burocracia na Casa do Concello son unha constante nas reunións que o PP mantén cos empresarios e coas asociacións que os representan.

A baixa do número de solicitudes de licenzas é un cabalo de batalla para o Partido Popular, que esta semana presentou un conxunto de 16 medidas na Comisión de Urbanismo para intentar loitar contra o desemprego dende o Concello porque, aínda que a Administración local non ten competencias en materia de traballo, pode ser definitiva para dinamizar a economía e, polo tanto, aumentar as oportunidades da cidadanía. Iso si, hai que ter ideas e ganas.

Apostouse por unha batería de medidas realistas, encamiñadas a recortar os prazos para tramitar as licenzas e a abaratar os prezos das mesmas. É mellor recadar un pouco menos a non recadar nada, e é mellor reorganizar os períodos de resposta da administración. Un Concello é competitivo cando ofrece a unha empresaria a posibilidade de abrir un negocio en só 24 horas presentando unha declaración responsable, e é máis competitivo se en plena crise baixa o prezo das licenzas para dinamizar a economía (ou iso ou nada). Di Antón Louro que xa se dan todas as facilidades a quen quere ser un emprendedor en Pontevedra. Descoñecemos a que se refire, porque nesta cidade cada día hai máis comercios pechados e quen quere abrir un desespera coa espera.

Pontevedra non se vende

17 de Diciembre de 2011

Nove. É o número de veces que o Partido Popular mantivo contactos directos con responsables da empresa Ence dende 2006. En todos eses encontros houbo un único punto na orde do día: o traslado do complexo instalado en Lourizán dentro da bisbarra.

Feitas públicas as decisións da Xunta de Galicia sobre Elnosa e máis Ence, Pontevedra atopouse esta semana cun comunicado da última destas empresas, que pide aos políticos apoio para seguir onde está despois de 2018, data na que caduca a concesión da Lei de costas. Di tamén que o traslado suporía un custo ao que a firma non podería facer fronte -o esforzo non debería ser un problema se ao longo prazo hai beneficios e potenciación industrial- e utiliza os empregos que xera como un parapeto para perpetuarse alí onde nunca debeu estar.

Ence nunca falou con tanta rotundidade e inflexibilidade ao Partido Popular, en ningún dos encontros cualificou de “inviable” o traslado. A empresa está a xogar coa sensibilidade da cidadanía pontevedresa, porque falar hoxe de destrución de postos de traballo -nada máis lonxe do interese do Partido Popular, que precisamente defende unha opción que garante o emprego e potencie a industria madeireira- é xogar cos sentimentos dos pontevedreses. Equivócanse, porque a estas alturas a meirande parte das persoas quere recuperar a fachada marítima. Pontevedra non está en venda, e co seu comportamento Ence está a demostrar que non lle interesan a cidade nin os postos de traballo. Así de sinxelo.

De feito, Ence incluso viu con bos ollos a proposta presentada no seu día polo PP local. Houbo rexeitamento entre veciños da zona, pero ninguén foi quen de rebater, con papeis, que alí hai as condicións para que Ence quede na nosa bisbarra. A idea do Partido Popular pode gustar máis ou menos, non é a única posibilidade. Pero foi resultado dun traballo rigoroso e constante para que Pontevedra non perda emprego é, a vez, recupere uns dos mellores terreos que se poden adicar ao lecer.

As ideas do Partido Popular están claras, a postura é firme. Tamén a da Xunta de Galicia, que por activa e por pasiva ten deixado ben claro que o complexo non ten futuro en Lourizán máis alá de 2018. Faltan seis anos e haberá que poñer o resto para buscar solucións. A empresa non debe perder máis tempo: tócalle facer os deberes dos que non se encargou ata o de agora. E facelo con respecto a todos os pontevedreses.

etiquetas (Ence, Pontevedra)

Adeus a Elnosa na ría

13 de Diciembre de 2011

6 de xaneiro de 2014. Será o último día de produción de Electroquímica del Noroeste (Elnosa) na súa localización actual. É a demostración de que a Xunta cumpre cos seus compromisos e, ademais, de que o fai coa determinación daquel que cre nas súas decisións.

Elnosa terá que marchar da ría. Anunciouno hoxe en Pontevedra o conselleiro Agustín Hernández. A decisión baséase en que a fábrica non emprega tecnología compatible coa normativa europea de limite de emisións que entrará en vigor en xaneiro dese ano.

A Xunta de Galicia está no bo camiño, fronte á demagoxia de dúas forzas políticas como BNG e PSOE, que en tres mandatos no Concello -doce anos, pouco tempo- non foron quen de facer absolutamente nada para recuperar a fachada da nosa ría, máis alá de manifestarse cada 5 de xuño. Os resultados do seu labor están claros e son os mesmos que cando tiveron responsabilidades no Goberno autonómico: non os hai.

Detrás do anuncio de hoxe hai centos de horas de traballo. Tamén dende o Partido Popular de Pontevedra, onde non se descansou ata chegar aquí. Cómpre lembrar que, mentres uns falan, outros actúan, e foi o PP o partido que no seu día, mesmo na campaña electoral, atreveuse a falar para que o complexo Ence-Elnosa quedase na bisbarra pero fóra de Lourizán.

Pontevedra deu hoxe un paso moi importante para recuperar o contorno da súa ría. É de esperar que os responsables de Elnosa aproveiten a oportunidade que lles brinda a Consellería de Medio Ambiente para buscar, ao longo destes dous anos, unha nova localización.

etiquetas (Gestión)

Outra xestión é posible

5 de Diciembre de 2011

Os socialistas e en xeral os partidos da esquerda argumentan que o déficit é consubstancial ao estado de benestar. Nada máis lonxe da realidade, o déficit se acaso é consubstancial á incompetencia dalgúns gobernos. Zapatero cando chegou ao poder anulou a lei do déficit cero que aprobara Aznar. Durante a campaña electoral Rubalcaba avogou por unha ralentización no control do déficit, en contra dos compromisos adquiridos coa UE. En resumo, parece que ser de esquerdas, polo menos neste país, significa defender o déficit, a débeda e a inestabilidade orzamentaria.

Son os propios partidos de esquerda os que patalean cando se lles limita o déficit. Sen ir máis lonxe, o Goberno de Lores pretendía solicitar este ano un crédito de 20 M€, cinco veces a cantidade que pedía todos os anos. E enriba sen querer contar a que ían destinar eses cartos. Os datos que acaba de difundir o Ministerio de Economía sobre o déficit autonómico son unha demostración de que outra xestión é posible. 10 das 17 autonomías tiveron superávit no terceiro trimestre. E no cómputo dos 9 meses a maioría esta a cumplir o límite do 1,30% do PIB para todo o ano.

Destaca o País Vasco, que incluso presenta un superávit do 0,60 del PIB. Navarra cun déficit de 0,06, Madrid do 0,47, Canarias del 0,51, La Rioja do 0,56, Galicia do 0,82, Aragón do 0,89 e Baleares do 0,97. Esta última, dende xullo a setembro, conseguiu baixar o déficit en máis dun 200% con respecto ao segundo trimestre, o que demostra que cando hai vontade e boa xestión os resultados se notan con rapidez. Algo semellante ocorrerá co déficit do Estado e outros desequilibrios que lle toca corrixir ao goberno de Rajoy. Un goberno competente e valente traerá de novo a estabilidade á economía española.

etiquetas (Gestión)

Facturas encaixadas

1 de Diciembre de 2011

Cada día que pasa parece máis evidente que a situación económica do Concello de Pontevedra dista moito do que transmiten tanto o concelleiro Raimundo González como o propio alcalde da cidade. Un pleno tras outro atopámonos con facturas que hai que recoñecer pola porta de atrás e que se presentan ante a Corporación como se foran casos extraordinarios, pero que en realidade suman decenas e decenas. A escusa é sempre a mesma: din que acaban de chegar, aínda que reflictan traballos ou servizos de meses ou incluso anos atrás; como se as empresas acredoras do Concello estiveran vivindo un momento de especial capacidade financeira e non tiveran ningunha présa por cobrar.

Aseguran que a estabilidade económica municipal é a envexa doutros concellos, pero as leccións financeiras non son moi proveitosas cun profesor que ten o costume de non preocuparse por redactar o orzamento. E por que, se a situación é tan magnífica como a pintan, o goberno enterrou moitos dos proxectos do seu anterior mandato?

A realidade é que nada é como o están a debuxar dende o Goberno, máis ben todo o contrario. O compañeiro José Manuel Guillán deu a coñecer no último pleno algunhas chapuzas significativas: recibos que non teñen selo de entrada do Concello ou facturas incluídas nun recoñecemento extraxudicial que xa foran obxecto doutro recoñecemento anos atrás. Entre outras consecuencias, estas prácticas tradúcense en que hai empresas que tardan anos en cobrar. Son feitos graves e están a ocorrer en Pontevedra. Os técnicos incluso falan de “caixóns de xastre†aos que as facturas van a parar sine die. Ver para crer.

etiquetas (Gestión)

Carta ao alcalde de Pontevedra

4 de Noviembre de 2011

Debaixo podedes abrir a carta que Telmo Martín rexistrou hoxe no Concello de Pontevedra dirixida ao alcalde, unha misiva na que lle pide un trato de respecto e tolerancia para evitar novas confrontacións.

CARTA AO ALCALDE

etiquetas (Personal, Pontevedra)

Hospital, Presupuesto y Ence

26 de Octubre de 2011

Los mismos que no resolvieron el problema de Montecelo, mientras en la Xunta gobernó el bipartito, intentan que cale el mensaje de que el hospital de Monte Carrasco no se va a realizar. Confunden sus deseos con la realidad. Muy a su pesar, Pontevedra tendrá el hospital que se merece y que ellos han intentado que no tuviera. El tiempo pone a cada uno en su lugar.

No es una casualidad que los que no suelen hacer presupuestos y los responsables de los mayores recortes de la historia de España cuestionen las inversiones de la Xunta en Pontevedra. Intentan con opiniones sesgadas tapar los datos reales. En 4 años la Xunta del bipartito invirtió en Pontevedra: 4,2 M€ en el centro de salud de A Parda, 4 M€ en el saneamiento del rural, 3,9 M€ en la mejora de calles, 400.000 € en la rotonda de O Marco. Total: 12,5 M€. Si alguien conoce alguna inversión importante más, que nos lo diga.

Solo las inversiones del presupuesto de la Xunta para el 2012 ya superan con creces esa cantidad. Y eso que ahora estamos en crisis. Algunas de ellas son: 12,6 M€ en el desdoblamiento de la carretera Pino-Bora, variante de Marín tramo Pontevedra y puente das Correntes. 1,5 M€ en los colegios Carlos Oroza, Vidal Portela y Froebel. 1,6 M€ en actuaciones en Monte Porreiro y Valdecorvos, 3 M€ del 2º convenio de Feijóo en saneamiento del rural. 15 M€ del nuevo edificio de juzgados de A Parda, que no está empezado porque Lores ha sido incapaz en casi 2 años de poner los terrenos a disposición de la Xunta. Estas partidas son sólo un ejemplo, pues los presupuestos de la Xunta contemplan una inversión de 78 M€ para Pontevedra.

Se acercan las elecciones y de nuevo nos encontramos con la estrategia de siempre con respecto a ENCE: el BNG y la APDR agitan el asunto para no resolver nunca nada. Deberían explicar ambos por qué cuando el bipartito renovó la licencia ambiental no pasó nada, pero si lo hace la Xunta de Feijóo, anuncian que apelarán a los tribunales. Eso tiene un nombre: doble vara de medir.

No nos fiamos del gobierno

16 de Octubre de 2011

El PP sospecha que el gobierno de Lores ha contraído gastos cuyas facturas no han entrado en el Concello o, si lo han hecho, se esconden en los cajones de los concejales y los cargos de confianza. En cualquier caso se trata de gastos de los que no existe constancia oficial, que desconocen los funcionarios. No nos fiamos del gobierno porque sus antecedentes al respecto no pueden ser peores. Entre 2008 y 2010 afloraron 10,5 M€ gastados irregularmente sin conocimiento de los funcionarios de intervención. Es decir, facturas que estuvieron escondidas en los cajones sin pasar por el registro, o que entraron en el Concello 3 y 4 años después de haberse realizado el gasto.

No nos fiamos del gobierno porque no hace presupuestos (2 en los últimos 4 años). En su lugar, hace una media de 3 modificaciones de crédito al año, cambiando el destino de los recursos y anulando proyectos que poco tiempo antes ellos mismos habían decidido. No nos fiamos del gobierno porque inmersos como estamos en la “gran crisis de deuda” pretendía solicitar 24 M€ de deuda. Una barbaridad que, además, no tiene en cuenta los millones de euros que el Concello tendrá que pagar por sentencias como la del río dos Gafos.

Dice Raimundo que para comprobar si el Concello está al día en el pago de facturas solo hay que cotejar los datos de registro con los pagos. ¿A quién pretende engañar? No hablamos de esas facturas, de las que, entre otras cosas, el gobierno está obligado a dar cuenta al Pleno. Hablamos de las facturas que no han entrado por registro, pero pueden estar en el Concello; o de gastos realizados de los que todavía ni siquiera se ha presentado factura. ¿Puede este gobierno dar lecciones de credibilidad cuando sólo en su anterior mandato afloraron facturas que estaban en los cajones por 10,5 M€, algunas de ellas de 4 años antes?

A este gobierno le salva que España todavía no tiene una legislación que exija responsabilidades administrativas y jurídicas por estas prácticas irregulares. Pero que anden con cuidado porque pronto estos comportamientos inaceptables con el dinero público no le saldrán gratis.

etiquetas (Gestión, Pontevedra)