Unha licenza por comisión
As comisións de urbanismo son un bo indicativo do dinamismo dunha localidade e achegan pistas sobre as variacións económicas dos meses que están por chegar. A cantidade de asuntos da orde do dÃa das que se celebran en Pontevedra comezou minguar hai xa moito, no marco dunha crise económica global, pero dun tempo a esta parte son reunións practicamente baleiras de contido. O Partido Popular presenza como os concelleiros do BNG e do PSOE asisten como convidados de pedra a comisións como a de onte, na que só entrou a debate unha licenza. Triste balance.
Mentres tanto, o grupo popular está xa afeito a recoller as queixas -cheas de razón- de emprendedores que teñen que esperar meses e anos para abrir os seus negocios. As crÃticas á lentitude da burocracia na Casa do Concello son unha constante nas reunións que o PP mantén cos empresarios e coas asociacións que os representan.
A baixa do número de solicitudes de licenzas é un cabalo de batalla para o Partido Popular, que esta semana presentou un conxunto de 16 medidas na Comisión de Urbanismo para intentar loitar contra o desemprego dende o Concello porque, aÃnda que a Administración local non ten competencias en materia de traballo, pode ser definitiva para dinamizar a economÃa e, polo tanto, aumentar as oportunidades da cidadanÃa. Iso si, hai que ter ideas e ganas.
Apostouse por unha baterÃa de medidas realistas, encamiñadas a recortar os prazos para tramitar as licenzas e a abaratar os prezos das mesmas. É mellor recadar un pouco menos a non recadar nada, e é mellor reorganizar os perÃodos de resposta da administración. Un Concello é competitivo cando ofrece a unha empresaria a posibilidade de abrir un negocio en só 24 horas presentando unha declaración responsable, e é máis competitivo se en plena crise baixa o prezo das licenzas para dinamizar a economÃa (ou iso ou nada). Di Antón Louro que xa se dan todas as facilidades a quen quere ser un emprendedor en Pontevedra. Descoñecemos a que se refire, porque nesta cidade cada dÃa hai máis comercios pechados e quen quere abrir un desespera coa espera.








