Telmo Martin

Manuel Fraga
Unha hora moi difícil. A morte de Manuel Fraga deixa un grande oco no Partido Popular. A súa valía e os méritos políticos manteranse sempre sen dúbida como unha referencia do desenvolvemento democrático en España, non só como construtor da nosa Carta Magna, senón como figura clave dunha Transición que nos permitiu acadar as cotas de liberdades e progreso das que hoxe gozamos. Pero se a súa forte personalidade ficou contundentemente en toda España, fíxoo en especial na súa terra galega, que nunca esquecerá os seus catro frutíferos mandatos como presidente.

O Partido Popular de Pontevedra transmitiu a través dun telegrama o seu pesar á familia do gran político, pero tamén quere dirixilo a través deste blog e da súa páxina web a todos os militantes e simpatizantes que temos compartido a nosa paixón por Galicia baixo as siglas do PP e baixo a súa firme e entregada dirección.

No momento de sobrepoñerse a unha nova tan difícil quizás sexa a propia figura de don Manuel a que nos ensine como facelo. El contribuíu enormemente a sinalar o camiño correcto para o desenvolvemento de Galicia e nós temos a obriga de continuar pola mesma senda.

A Pontevedra esquecida
Os concelleiros José Manuel Guillán e Pablo Fernández presentaron esta semana un informe para denunciar o estado de abandono no que se atopa A Moureira, un traballo enmarcado no principal cometido da oposición: fiscalizar ao goberno local, tanto cando cumpre coas súas funcións como cando non o fai. O Partido Popular ten contacto diario coa cidadanía porque escoitar as súas inquedanzas e procurar solucións -na medida das posibilidades da oposición- é unha obriga á que, por certo, non vai renunciar xamais.

Neste marco, nos últimos meses o PP foi chamado por veciños de distintos lugares de Pontevedra, persoas interesadas en dar a coñecer as ‘miserias’ de barrios aos que non chegou á afamada reforma urbana do goberno municipal ou que foron esquecidos tras algunha intervención. En  San Antoniño (rúas Casimiro Gómez, Amado Carballo, Xerardo Álvarez Limeses, Gonzalo Gallas e Víctor Cervera Mercadillo) hai sinais rotos, beirarrúas desfeitas, contedores rotos e suciedade.

Contedores rotos sobre un paso de peóns

Moitos dos habitantes da Moureira, pola súa banda, transitan cada día por diante do Consistorio ou do Campillo, dous espazos reformados recentemente, e lamentan que o Concello non preste a mesma atención ás zonas que rodean as súas vivendas. Non fai falta alonxarse moito da basílica de Santa María para dar con lugares que nunca espertaron interese nos actuais gobernantes municipais. Na rúa do Ouro, en Domingo Andrade, Xan Guillerme, Xofre de Tenorio e Fonte da Moureira hai ratas, fincas que incumpren de xeito flagrante o bando de ornato, problemas de mobilidade para os peóns e persoas con discapacidade, tubaxes en superficie e mala distribución dos espazos para aparcar. Os concelleiros do Partido Popular atopáronse tamén neste barrio cunha antiga fonte á que, segundo din os veciños, xa teñen caído varios coches por falta de sinalización e de coidado por parte da administración local. As imaxes falan por si mesmas.

Imaxe do descoido do barrio da Moureira

Bo Nadal
Quero aproveitar, un ano máis, este lugar de encontro de internautas para mandarvos un agarimoso saúdo navideño e desexarvos unhas datas cheas de ledicia ao carón dos vosos familiares e amigos. Este blog é un espazo que mantén firme o espírito co que naceu: manterme preto da cidadanía que se informa a través da Internet.

E a través da Internet anímovos a descansar, a aproveitar cada intre para estar coa vosa familia -eu farei o propio coa miña muller e a miña filla- ou cos seres queridos porque, en definitiva, diso se trata o xogo da vida: de sacar partido aos momentos.

Deséxovos paz, traballo e saúde. Deséxovos, de corazón, unhas festas moi felices.

Unha licenza por comisión
As comisións de urbanismo son un bo indicativo do dinamismo dunha localidade e achegan pistas sobre as variacións económicas dos meses que están por chegar. A cantidade de asuntos da orde do día das que se celebran en Pontevedra comezou minguar hai xa moito, no marco dunha crise económica global, pero dun tempo a esta parte son reunións practicamente baleiras de contido. O Partido Popular presenza como os concelleiros do BNG e do PSOE asisten como convidados de pedra a comisións como a de onte, na que só entrou a debate unha licenza. Triste balance.

Mentres tanto, o grupo popular está xa afeito a recoller as queixas -cheas de razón- de emprendedores que teñen que esperar meses e anos para abrir os seus negocios. As críticas á lentitude da burocracia na Casa do Concello son unha constante nas reunións que o PP mantén cos empresarios e coas asociacións que os representan.

A baixa do número de solicitudes de licenzas é un cabalo de batalla para o Partido Popular, que esta semana presentou un conxunto de 16 medidas na Comisión de Urbanismo para intentar loitar contra o desemprego dende o Concello porque, aínda que a Administración local non ten competencias en materia de traballo, pode ser definitiva para dinamizar a economía e, polo tanto, aumentar as oportunidades da cidadanía. Iso si, hai que ter ideas e ganas.

Apostouse por unha batería de medidas realistas, encamiñadas a recortar os prazos para tramitar as licenzas e a abaratar os prezos das mesmas. É mellor recadar un pouco menos a non recadar nada, e é mellor reorganizar os períodos de resposta da administración. Un Concello é competitivo cando ofrece a unha empresaria a posibilidade de abrir un negocio en só 24 horas presentando unha declaración responsable, e é máis competitivo se en plena crise baixa o prezo das licenzas para dinamizar a economía (ou iso ou nada). Di Antón Louro que xa se dan todas as facilidades a quen quere ser un emprendedor en Pontevedra. Descoñecemos a que se refire, porque nesta cidade cada día hai máis comercios pechados e quen quere abrir un desespera coa espera.

Pontevedra non se vende
Nove. É o número de veces que o Partido Popular mantivo contactos directos con responsables da empresa Ence dende 2006. En todos eses encontros houbo un único punto na orde do día: o traslado do complexo instalado en Lourizán dentro da bisbarra.

Feitas públicas as decisións da Xunta de Galicia sobre Elnosa e máis Ence, Pontevedra atopouse esta semana cun comunicado da última destas empresas, que pide aos políticos apoio para seguir onde está despois de 2018, data na que caduca a concesión da Lei de costas. Di tamén que o traslado suporía un custo ao que a firma non podería facer fronte -o esforzo non debería ser un problema se ao longo prazo hai beneficios e potenciación industrial- e utiliza os empregos que xera como un parapeto para perpetuarse alí onde nunca debeu estar.

Ence nunca falou con tanta rotundidade e inflexibilidade ao Partido Popular, en ningún dos encontros cualificou de “inviable” o traslado. A empresa está a xogar coa sensibilidade da cidadanía pontevedresa, porque falar hoxe de destrución de postos de traballo -nada máis lonxe do interese do Partido Popular, que precisamente defende unha opción que garante o emprego e potencie a industria madeireira- é xogar cos sentimentos dos pontevedreses. Equivócanse, porque a estas alturas a meirande parte das persoas quere recuperar a fachada marítima. Pontevedra non está en venda, e co seu comportamento Ence está a demostrar que non lle interesan a cidade nin os postos de traballo. Así de sinxelo.

De feito, Ence incluso viu con bos ollos a proposta presentada no seu día polo PP local. Houbo rexeitamento entre veciños da zona, pero ninguén foi quen de rebater, con papeis, que alí hai as condicións para que Ence quede na nosa bisbarra. A idea do Partido Popular pode gustar máis ou menos, non é a única posibilidade. Pero foi resultado dun traballo rigoroso e constante para que Pontevedra non perda emprego é, a vez, recupere uns dos mellores terreos que se poden adicar ao lecer.

As ideas do Partido Popular están claras, a postura é firme. Tamén a da Xunta de Galicia, que por activa e por pasiva ten deixado ben claro que o complexo non ten futuro en Lourizán máis alá de 2018. Faltan seis anos e haberá que poñer o resto para buscar solucións. A empresa non debe perder máis tempo: tócalle facer os deberes dos que non se encargou ata o de agora. E facelo con respecto a todos os pontevedreses.

Adeus a Elnosa na ría
6 de xaneiro de 2014. Será o último día de produción de Electroquímica del Noroeste (Elnosa) na súa localización actual. É a demostración de que a Xunta cumpre cos seus compromisos e, ademais, de que o fai coa determinación daquel que cre nas súas decisións.

Elnosa terá que marchar da ría. Anunciouno hoxe en Pontevedra o conselleiro Agustín Hernández. A decisión baséase en que a fábrica non emprega tecnología compatible coa normativa europea de limite de emisións que entrará en vigor en xaneiro dese ano.

A Xunta de Galicia está no bo camiño, fronte á demagoxia de dúas forzas políticas como BNG e PSOE, que en tres mandatos no Concello -doce anos, pouco tempo- non foron quen de facer absolutamente nada para recuperar a fachada da nosa ría, máis alá de manifestarse cada 5 de xuño. Os resultados do seu labor están claros e son os mesmos que cando tiveron responsabilidades no Goberno autonómico: non os hai.

Detrás do anuncio de hoxe hai centos de horas de traballo. Tamén dende o Partido Popular de Pontevedra, onde non se descansou ata chegar aquí. Cómpre lembrar que, mentres uns falan, outros actúan, e foi o PP o partido que no seu día, mesmo na campaña electoral, atreveuse a falar para que o complexo Ence-Elnosa quedase na bisbarra pero fóra de Lourizán.

Pontevedra deu hoxe un paso moi importante para recuperar o contorno da súa ría. É de esperar que os responsables de Elnosa aproveiten a oportunidade que lles brinda a Consellería de Medio Ambiente para buscar, ao longo destes dous anos, unha nova localización.

Outra xestión é posible
Os socialistas e en xeral os partidos da esquerda argumentan que o déficit é consubstancial ao estado de benestar. Nada máis lonxe da realidade, o déficit se acaso é consubstancial á incompetencia dalgúns gobernos. Zapatero cando chegou ao poder anulou a lei do déficit cero que aprobara Aznar. Durante a campaña electoral Rubalcaba avogou por unha ralentización no control do déficit, en contra dos compromisos adquiridos coa UE. En resumo, parece que ser de esquerdas, polo menos neste país, significa defender o déficit, a débeda e a inestabilidade orzamentaria.

Son os propios partidos de esquerda os que patalean cando se lles limita o déficit. Sen ir máis lonxe, o Goberno de Lores pretendía solicitar este ano un crédito de 20 M€, cinco veces a cantidade que pedía todos os anos. E enriba sen querer contar a que ían destinar eses cartos. Os datos que acaba de difundir o Ministerio de Economía sobre o déficit autonómico son unha demostración de que outra xestión é posible. 10 das 17 autonomías tiveron superávit no terceiro trimestre. E no cómputo dos 9 meses a maioría esta a cumplir o límite do 1,30% do PIB para todo o ano.

Destaca o País Vasco, que incluso presenta un superávit do 0,60 del PIB. Navarra cun déficit de 0,06, Madrid do 0,47, Canarias del 0,51, La Rioja do 0,56, Galicia do 0,82, Aragón do 0,89 e Baleares do 0,97. Esta última, dende xullo a setembro, conseguiu baixar o déficit en máis dun 200% con respecto ao segundo trimestre, o que demostra que cando hai vontade e boa xestión os resultados se notan con rapidez. Algo semellante ocorrerá co déficit do Estado e outros desequilibrios que lle toca corrixir ao goberno de Rajoy. Un goberno competente e valente traerá de novo a estabilidade á economía española.

Facturas encaixadas
Cada día que pasa parece máis evidente que a situación económica do Concello de Pontevedra dista moito do que transmiten tanto o concelleiro Raimundo González como o propio alcalde da cidade. Un pleno tras outro atopámonos con facturas que hai que recoñecer pola porta de atrás e que se presentan ante a Corporación como se foran casos extraordinarios, pero que en realidade suman decenas e decenas. A escusa é sempre a mesma: din que acaban de chegar, aínda que reflictan traballos ou servizos de meses ou incluso anos atrás; como se as empresas acredoras do Concello estiveran vivindo un momento de especial capacidade financeira e non tiveran ningunha présa por cobrar.

Aseguran que a estabilidade económica municipal é a envexa doutros concellos, pero as leccións financeiras non son moi proveitosas cun profesor que ten o costume de non preocuparse por redactar o orzamento. E por que, se a situación é tan magnífica como a pintan, o goberno enterrou moitos dos proxectos do seu anterior mandato?

A realidade é que nada é como o están a debuxar dende o Goberno, máis ben todo o contrario. O compañeiro José Manuel Guillán deu a coñecer no último pleno algunhas chapuzas significativas: recibos que non teñen selo de entrada do Concello ou facturas incluídas nun recoñecemento extraxudicial que xa foran obxecto doutro recoñecemento anos atrás. Entre outras consecuencias, estas prácticas tradúcense en que hai empresas que tardan anos en cobrar. Son feitos graves e están a ocorrer en Pontevedra. Os técnicos incluso falan de “caixóns de xastre” aos que as facturas van a parar sine die. Ver para crer.

Sempre estades aí
21.983. Nunca unha formación política acadara tal número de votos na nosa cidade. O PP confiaba na gran vitoria de Mariano Rajoy, pero aquí existía unha obriga especial, que o municipio do novo presidente lle brindara tamén ese triunfo coa mesma ou superior contundencia que o resto de España. Así foi: España é popular, Galicia é popular e Pontevedra, hoxe tamén, é popular. En realidade, xa o era, pero agora en termos de maioría absoluta.

A vida, ás veces, compénsache de momentos máis difíciles. E neste caso, faino con nomes e apelidos, os dos miles de militantes e simpatizantes do Partido Popular de Pontevedra. Na campaña había unha débeda pendente, o agradecemento que merecía este grupo de incondicionais, eses que sempre están aí, nas vitorias amargas, como a obtida no mes de maio, e nas vitorias con maiúsculas, como a de onte. Esas “gracias”, que en maio só puideron transmitirse a través dos medios de comunicación, esta vez se deron cara a cara, como tiña que ser.

Se fronte aos golpes que cada un recibe hai que responder con traballo, traballo e máis traballo, hoxe é un deses días que compensan con creces ese esforzo. O agradecemento era por estar sempre aí, por non abandonar en ningún momento ao partido, como volveu a ocorrer onte con máis forza que nunca. A débeda, hoxe renovada, haberá polo tanto que seguir pagándoa, neste caso con toda a enerxía posible no Congreso dos Deputados.

Unha vez máis, gracias.

Hai esperanza
Rodéannos o pesimismo, as malas noticias sobre o paro, a débeda, o déficit, a prima de risco e a recesión. Que todo isto sexa real non significa que a situación non sexa reversible. Sobre todo se un novo goberno recupera a confianza interna e externa con medidas valentes. Os emprendedores, autónomos e empresarios están afeitos a superar situacións moi difíciles. Para que poidan volver a crear emprego só fai falta darlles facilidades.

Os empresarios pasaron momentos moi críticos. Ao inicio da Transición, a primeiros dos oitenta e mediados dos noventa. Escóitase con frecuencia que esta crise é a máis grave de todas e sen poñelo en dúbida tamén houbo comentarios similares en anteriores períodos. A situación é moi grave e os sacrificios serán xigantescos. Non estamos dispostos a quedar de brazos cruzados ante este pesimismo. É curioso que sexan os optimistas antropolóxicos que gobernaron estes anos os que agora invitan á xente a resignarse e queren convencer á cidadanía de que todo é culpa de Grecia ou Italia.

Hai que ter confianza no país. Hai que ter confianza no noso partido. Nos autónomos e empresarios que todos os días resolven problemas. Nos funcionarios que se envorcan nas súas tarefas diarias. Confianza na solidariedade e austeridade das familias españolas cando veñen mal dadas. En Rajoy, no seu sentido común para distinguir o verdadeiramente importante. Os españois vanse esforzar ao máximo, asumiranse os sacrificios necesarios para volver a crear emprego e benestar. Sen dúbida virán meses moi duros, pero co esforzo de todos, superarase a situación. Máis que nunca se precisa un goberno co que todos se identifiquen, non só os votantes do PP. Hai esperanza.